A contraofensiva ucraína no sur obriga a Rusia a evacuar Jersón

1 minutes read

A contraofensiva ucraína acelérase no fronte sur do país e obriga á evacuación de civís en Jersón. As autoridades impostas por Moscova piden a Rusia que organice a evacuación de centos de civís deste territorio anexionado ilegalmente hai só dúas semanas. Nunha mensaxe difundida en Telegram, Vladímir Saldo, gobernador designado por Rusia na provincia de Jersón, pediu axuda ao Kremlin para unha evacuación xeral: «Refírome en primeiro lugar aos residentes da marxe dereita do río Dniéper, pero en realidade habería que evacuar a todos os residentes da rexión de Jersón, cara a outras rexións de Rusia, para protexelos dos ataques con mísiles». Mentres, Rusia segue lanzando bombardeos masivos contra infraestruturas e cidades ucraínas. Este xoves, polo menos catro grandes cidades e decenas de pequenos pobos foron alcanzados por diversos ataques. E en Kiev, a capital, volveron a aparecer os temidos drons kamikazes de fabricación iraniana.