A contundente vitoria de Boris Johnson despexa o camiño do “brexit”


  • O resultado das eleccións é moi claro e os galegos na illa asumen con resignación o novo escenario.

Boris Johnson consegue a maior vitoria conservadora dende Margaret Thatcher, o candidato conservador de 55 anos, presentouse ante a raíña Isabel coa ampla maioría absoluta, 364 escanos, que lle dá vía libre ao seu plan para executar o ‘brexit’ dentro dun mes e medio, para deixar o seu selo persoal nos cinco anos de mandato.

A primeira felicitación a Johnson chegaba desde o outro lado do Atlántico. Antes aínda de que se confirmasen os resultados, Donald Trump escribía que todo apunta a unha gran vitoria para Johnson no Reino Unido.

O outro titular da noite é a desfeita do Partido Laborista, a peor derrota desde 1935. O que levou a Jeremy Corbyn a anunciar que non será o candidato do partido nas vindeiras eleccións e que vai pilotar a partir de agora un proceso de sucesión.

Os outros triunfadores son os nacionalistas escoceses liderados por Nicola Sturgeon. Con 55 escanos dos 59 asignados a Escocia, convértense na terceira forza de Westminster. Por detrás deles queda o Partido Liberal Demócrata de Jo Swinson, que perde o seu escano no Parlamento.