A cor morada inundará Carballo con motivo do 25N

1 minutes read
Imagen contra la violencia de género

Carballo pon en marcha este ano unha nova campaña que se denominará “En que punto estás contra a violencia de xénero?”, que incluirá diferentes actividades destinadas a distintos públicos pero que xirarán arredor dese lema, tratando de identificar violencias das que en moitas ocasións nin as vítimas son conscientes. Desde o Concello apelan á colaboración do comercio local para axudar a difundir a mensaxe.

Participar é tan sinxelo como utilizar a cor morada para a decoración dos escaparates como mínimo dende o 22 ata o 30 de novembro. O Concello completará esa decoración facendo chegar aos interesados un identificador coa imaxe da campaña, ademais doutro material promocional.

Xa se superan os 60 participantes, pero se algún establecemento non está rexistrado na base de datos de Promoción Económica e non recibiu a información sobre a campaña pode anotarse igualmente enviando un correo electrónico cos datos do negocio a este enderezo: carballoenrede@carballo.gal