- O acordo entre o PSOE e CxG móstrase cada vez máis debilitado e en seis meses podería haber cambio de alcalde ou cambio de apoio ao actual alcalde.
O grupo socialista desmárcase do seu socio de goberno (CxG) e non asiste ao pleno. Ademais as discrepancias e a dialéctica entre ambos son cada vez máis distantes. O último pleno celebrado este luns tras o seu aprazamento o día 25 pola inauguración do campo de fútbol, tampouco sentou ben a todos os grupos políticos con representación municipal. Os socialistas afirman que o alcalde cambiou o pleno sen consultar, para levar a cabo un acto «feito ás costas da concelleira de Deportes» do PSOE. Desde o PP afirman que hai tempo que non se acode a un pleno «con decretos tan pobres e que iso demostra a pouca actividade que hai no Concello». Un dos temas máis tensos tratado na sesión foi o relativo aos baños do colexio Barrié, que dada a situación, obriga aos nenos para facer as súas necesidades na rúa. En todo caso, ao alcalde quedaríalle de mandato co PSOE ata dentro de seis meses, e os socialistas deberían de acceder á alcaldía os dous anos que restan de lexislatura, pero visto o visto e segundo o que se comenta, todo indica que os «tiros» poderían ir doutra banda. De momento 762 votos levan dous anos gobernando e os outros máis de 5.000 enrédanse.