A coristanquesa Isabel Soutullo deixa a súa pegada artística en Malpica

1 minutes read

O Centro Cívico de Malpica acolleu a inauguración da exposición “Pegadas no Tempo” da artista Isabel Soutullo. O alcalde, Eduardo Parga Veiga, deulle a benvida e expresou o seu agradecemento por aceptar a invitación da Concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, para exhibir a súa obra neste espazo expositivo.

A propia artista compartiu a súa visión sobre a exposición: “Con ‘Pegadas no Tempo’, busco trazar un pequeno percorrido, desde a miña primeira exposición ‘Campo a través’ presentada en decembro de 2018 no concello de Coristanco, onde o meu obxectivo era concienciar sobre o coidado da natureza. Ata ‘Sabor a sal’ en agosto de 2023, onde continuei coa mesma idea, pero dunha maneira máis sutil. Non deixei de lado colaboracións artísticas en favor da igualdade de xénero, nin de resaltar o mérito do traballo da xente labradora e mariñeira. Ademais, o tempo é outro tema que abordei e que desexo seguir profundando”, afirmou.

A exposición “Pegadas no Tempo” ofrece aos visitantes unha viaxe a través do tempo, revelando a evolución artística da coristanquesa Isabel Soutullo desde as súas primeiras obras ata o presente. Cada pintura peza reflicte o seu compromiso coa conciencia ambiental, a igualdade de xénero e o recoñecemento do arduo traballo das persoas labradoras e mariñeiras.

A exposición poderase visitar ata o 5 de novembro de 08.30 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?