A Corporación coruñesa acorda reactivar a economía con máis de 13 millóns de euros

Foto.- Cedida.

A Corporación municipal presentou o Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña (PRESCO) cun orzamento de máis de 13,2 millóns de euros destinados a contribuír o mantemento do tecido socioeconómico desta cidade e que, segundo a alcaldesa, Inés Rey, se artellará en tres eixos fundamentais: o investimento público co impulso da contratación pública; a posta en marcha do programa «Coruña solidaria», que incluirá medidas de protección social, sobre todo, para as persoas máis vulnerables e as que necesiten conciliar; e medidas económicas para os colectivos máis afectados polo cesamento da actividade. Rey recalcou que «pese as nosas diferenzas, hai unha cousa que está por riba das nosas ideoloxías políticas: o benestar das e dos coruñeses».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha