A Corporación de Vigo insta ao Porto a transformar o fronte de Beiramar e soterrar o viario

1 minutes read

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, defende a necesidade de situar como obxectivo prioritario do DEUP e do Plan Especial do Porto a transformación do fronte de Beiramar para conseguir unha axeitada integración do Porto na cidade. Nese senso, o novo plan especial debería transformar os usos das naves existentes en Beiramar, implantando novos usos de alto valor engadido con actividades brandas, acordes co entorno urbano no que se ubican. O goberno local aprobou en solitario un texto que defende a xeración de espazos que permitan o acceso á franxa costeira desde Jacinto Benavente e espazos de mobilidade e socialización para o que resulta imprescindible soterrar o viario de Beiramar. Durante a súa intervención, Caride, ademais de insistir na necesidade de garantir a funcionalidade do Porto, reclamou a limitación das concesións neste entorno.