A Coruña | Presentada a 24 edición do salón Viñetas desde o Atlántico


A alcaldesa, Inés Rey, presentou xunto co seu director Miguelanxo Prado, a 24 edición do salón Viñetas desde o Atlántico, que incluirá unha completa programación do 9 ao 15 de agosto, e que incluirá a presenza de autoras e autores nacionais como Javier Olivares, Teresa Valero ou Raúl Allén e Patricia Martín. Nesta entrega, a rexedora destacou a importante representación feminina, unha premisa marcada desde os inicios. Subliñou tamén que o conxunto de convidadas/os son referentes nacionais nos distintos xéneros e subxéneros da banda deseñada.

Pola súa banda, Miguelanxo Prado sinalou que nesta edición non asistirán convidadas/os estranxeiras/os porque suporía un risco inasumible pola situación sociosanitaria actual, e tampouco haberá obradoiros infantís xa que “é un sector de poboación aínda sen vacinar e son actividades manuais”.