A Coruña | A Casa dos Xoguetes pecha unha edición de récord de doazóns neste Nadal

1 minutes read

As instalacións da Casa dos Xoguetes, unha iniciativa promovida polo Concello da Coruña co obxectivo de impulsar a economía circular e o consumo consciente e responsable, pecharon as súas portas tras máis dun mes de actividade e cun balance récord: un total de 8.000 obxectos donados pola cidadanía -medio milleiro máis que na edición anterior-, para alongar o ciclo de vida dos xoguetes e incentivar a súa reutilización, dándolles unha segunda vida.

A Casa dos Xoguetes, habilitada neste Nadal na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), na rúa Costa da Palloza, 8, comezou a súa actividade o pasado día 1 de decembro, remando este día de Reis.

Na Casa dos Xoguetes, e en contraprestación polos obxectos doados, a persoa usuaria recibe cupóns que pode intercambiar, posteriormente, polos xoguetes que máis lle gusten de entre todos os expostos nese momento.

Por outra banda, e no caso de que a persoa usuaria soamente desexe doar obxectos sen recibir cupóns a cambio, o persoal de atención da Casa das Xoguetes recolle os xoguetes en cuestión para entregarllos posteriormente a persoas que os precisen. Desde o comezo da campaña, o persoal da instalación repartiu 6.000 xoguetes, un 75 % do total dos recibidos.

Ao igual que en campañas previas, non se aceptaron xoguetes que non estivesen en perfectas condicións para poder ter dunha segunda vida nas mans de outras nenas e nenos. Ademais, todos os xoguetes levan o distintivo CE, símbolo que certifica que cumpren coa normativa europea de seguridade.