A Coruña | A Casa Museo María Pita acolle a exposición do proxecto artístico ‘La Huella’


A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, Yoya Neira, participou na presentación da exposición “La Huella“, un proxecto artístico do ceramista Víctor Ares en colaboración coa Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer (AFACO) e a Escola Infantil dos Rosales.

AFACO e a escola infantil levan colaborando dende o ano 2013 nun proxecto de visitas, onde nenos e nenas de 0 a 3 anos interactúan con persoas maiores con demencia para estimular a súa memoria. Estes encontros, que dende o seu inicio tiveron moi boa acollida para ambas entidades, tiveron que paralizarse con motivo da pandemia da Covid-19.

Este ano, con motivo do regreso do proxecto, o ceramista Víctor Ares propuxo a creación dun mural colectivo no que os participantes puideran deixar a súa pegada. Na obra pode visualizarse de forma física o sentido simbólico do proxecto: a pegada que os nenos e nenas queren deixar na memoria das persoas maiores.