A Coruña | A Cidade Deportiva da Torre xa leva o nome de Arsenio Iglesias


A alcaldesa, Inés Rey, descubriu este sábado a placa con motivo do cambio de nome da Cidade Deportiva A Torre Arsenio Iglesias xusto no día do 90 aniversario do adestrador coruñés e nun acto ao que asistiron os seus familiares xunto á concelleira de Deportes, Mónica Martínez; o conselleiro do Real Club Deportivo, Toño Armenteros. A rexedora sinalou que é unha felicidade aproveitar esta data para honralo e engadiu que a placa lembrará unha das súas ensinanzas máis célebres: “Moito que dicir e pouco que contar” dunha persoa que “foi grande dentro do campo, pero aínda o é máis fóra”. A alcaldesa apuntou que “desde hoxe, podemos ler aquí na súa honra que a perseverancia é a clave para alcanzarmos os soños” xa que “unindo o nome de Arsenio a estes campos poñemos en común todos os chanzos do propio deporte coruñés como poden ser a historia, a base ou o Dépor, que tantas veces adestrou aquí, ao pé do noso emblema en forma de faro, en pleno Patrimonio da Humanidade”.

CIDADE DEPORTIVA, RÚA E DISTINCIÓN DE FILLO ADOPTIVO A corporación municipal aprobou estas tres cuestións nun pleno celebrado en xaneiro deste ano co fin de lle agradecer ao “raposo” toda a súa dedicación e devoción por un equipo e unha cidade que quixo situalo no lugar en que se merecía.