A décima edición do circuíto Coruña Corre bota a andar coa apertura das inscricións para o conxunto das carreiras populares e para a súa primeira proba, a XI Carreira Popula Torre de Hércules, que por terceira edición consecutiva estará acompañada dunha andaina solidaria para conmemorar o Día Mundial da Muller. As persoas interesadas en participar xa poden informarse sobre o circuíto e cada unha das carreiras a través da páxina web de Coruña Corre.
O Goberno de Inés Rey continúa deste xeito co seu apoio ao deporte local e amosa o seu compromiso cun circuíto de carreiras demandado polas persoas corredoras das cidade. “A nosa intención é que nesta décima edición consigamos bater o récord de inscricións da pasada edición e fomentemos así a práctica deportiva nas distintas idades”, sinalou Rey.
A primeira proba, a Carreira Popular Torre de Hércules Trofeo José Antonio Varela Calviño, terá lugar o vindeiro sábado 18 de marzo ás 20.00 horas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o domingo 12 de marzo ás 23.59 horas. A cota de inscrición será de 3 euros máis 2 euros polo chip refugable. Haberá unha cota especial para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove de 2 euros polo dorsal e 1 euro polo chip.