A Coruña abre o prazo de inscrición para as actividades de Samaín

1 minutes read

Este venres 13 de outubro, abreu o prazo de inscrición nas actividades infantís con motivo do Samaín 2023, que terán lugar nos Centros Cívicos Municipais do concello da Coruña. Nos centros máis grandes terán lugar festas temáticas de Samaín, ás que os nenos e nenas poderán asistir disfrazados. Nos Centros Cívicos con menor capacidade levaranse a cabo outras actividades como obradoiros de arañas, meigas e monicreques relacionados co Samaín.

As actividades comezarán o venres 27 de outubro e rematarán o día 31 de outubro. Programaranse nun total de 22 Centros Cívicos en horario de tarde, agás os obradoiros nos Centros Cívicos de San Pedro de Visma, Santa Margarida, santa Lucía e Castro de Elviña. Todas as festas e os talleres son de balde. As prazas cubriranse por orde de inscrición nos propios centros ata completar a capacidade.