A Coruña acolle este sábado a décimo quinta edición da Feira Matemática

1 minutes read

A Asociación Galega do Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA) celebrará este sábado, de novo, a súa Feira matemática, despois de dous anos de suspensión pola pandemia. Na súa XV edición, a Feira Matemática retoma a súa actividade con numerosos centros educativos e entidades oficiais grazas á colaboración do Concello da Coruña, que mantén con AGAPEMA un convenio para a promoción e difusión das matemáticas no eido escolar.

A organización da XV Feira Matemática ten como orixe a conmemoración do Día escolar das matemáticas (12 de maio), unha data celebrada en España dende o ano 2.000 e que promove o coñecemento e traballo da disciplina no eido escolar. Deste xeito, a Feira Matemática procura ser un espazo onde os máis pequenos gocen da aprendizaxe matemática dun xeito lúdico, compartindo actividades e xogos coa disciplina como eixe principal. Para iso, cada centro disporá dun stand no que propón diferentes actividades que deben resolver os e as asistentes. Unha vez feito, os encargados do posto darán uns “agapemos” -moedas de cambio da Feira-,que poderán trocarse ao final da feira por algún dos agasallos ofertados polas entidades colaboradoras. Á actividade sumáronse un total de 18 entidades e centros escolares, que estarán de forma presencial no PALEXCO cos seus postos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?