A Coruña acolle unha xornada de sensibilización sobre trastornos alimentarios

Este mércores 23 de marzo teñen lugar as primeiras Xornadas de Sensibilización dos Trastornos Alimentarios de ITA, especialistas en saúde mental, na Coruña. As xornadas celebraranse na Avenida Oza número 21, nas instalacións de de ITA no Hospital de Día. O programa está dividido en dúas partes: a primeira na que conta con expertos en TCA, trátase dunha mesa técnica sobre Prevención e Tratamento dos Trastornos Alimentarios, e, unha segunda mesa na que teñen cabida as autoridades. Nesta segunda mesa contará con autoridades da zona e administracións públicas quen ofrecerá a súa visión sobre a problemática dos Trastornos Alimentarios na zona. Entre os relatores estará o Dr. Juan Carlos Díaz del Valle, psiquiatra carballés e ademais director médico de ITA. A xornada será clausurada polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha