A Coruña acollerá en outubro a sexta edición do Festival Internacional de Cine Intersección

1 minutes read

A Coruña acollerá, do 16 ao 22 de outubro, a sexta edición do Festival Internacional de Cine da Coruña – Intersección. O concelleiro Manuel Vázquez presentou a programación e as datas deste acontecemento xunto co director do certame, Gonzalo E. Veloso.

“O Festival Intersección enmárcase dentro da política audiovisual do Goberno local por seguir a aposta para posicionar a nosa cidade como claro referente no mundo audiovisual”, sinalou Manuel Vázquez. No ano 2022 a cidade acolleu un total de 17 rodaxes e neste 2023 houbo xa 11, incluíndo importantes producións para multinacionais do sector.

“Intersección” é un evento que traerá as películas máis vangardistas e contemporáneas e novos formatos audiovisuais á cidade. Desde películas de cine de autor, ata traballos de realidade virtual e filmes xerados por intelixencia artificial. O evento ocupará este ano espazos emblemáticos da cidade como o Teatro Colón, a Filmoteca de Galicia, a sala de exposicións de Palexco ou a Fundación Luís Seoane.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?