A Coruña acollerá o próximo 6 de xuño o Campionato de España Individual e de Seleccións Autonómicas de Marcha Nórdica «III Trofeo Cidade da Coruña», que se celebrará na contorna da Torre de Hércules baixo estritas medidas de seguridade. De momento, xa confirmaron a súa presenza na proba representantes e equipos procedentes de oito comunidades autónomas. A xornada deportiva comezará ás 09.45 horas e consistirá nun circuíto de aproximadamente 14 quilómetros polo parque escultórico da Torre de Hércules. Esta proba de alto nivel está organizada pola FEDME (Federación española de Deportes de Montaña e Escalada), a Federación Galega de Montañismo e o Club Marcha Nórdica A Coruña. Polas estritas medidas de seguridade e o cumprimento do protocolo de prevención da COVID-19, a participación estará limitada a deportistas federadas/os con licenza FEDME.
36