A Coruña acollerá un ‘espectáculo para pechar o ano’, de Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor

1 minutes read
  • Será o próximo 29 de decembro no Auditorio Palexco e as entradas xa están dispoñibles. Este anuncio súmase ás datas de Vigo, Santiago de Compostela e Lugo.

Esfínter, un espectáculo para pechar o ano volve con máis forza que nunca no que xa é unha tradición dos últimos días do ano. O show dos cómicos galegos Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor anuncia unha nova función na Coruña, que se suma ás xa dispoñibles de Lugo, Santiago de Compostela e Vigo. Será o próximo 29 de decembro no Auditorio Palexco ás 21.00. As entradas xa están dispoñibles en Ataquilla.Unha vez máis, chega a maridaxe máis especial para a chegada do Nadal. Os galegos  Javier Veiga, Rober Bodegas e  David Amor volven xuntar por terceiro ano consecutivo para esta cea de nadal producido por Etiqueta Negra. Os cómicos son tan distintos e á vez tan compatibles sobre o escenario como o melón con xamón ou a pizza con piña. Sempre atoparás a persoas que lles fascinen a pesar dos seus contrastes. Esta terceira edición de Esfínter, un espectáculo para pechar o ano, promete o mesmo que en anos anteriores co pouso que dá o tempo e a experiencia e un show totalmente renovado. Estes tres artistas galegos reúnense de novo de imanera exclusiva na cea de Nadal máis especial de todas. Un espectáculo que é 100% algodón, 20% de zume natural pero sobre todo, máis risas que nunca.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?