- A actuación enmárcase no plan de mobilidade sustentable para mellorar a accesibilidade da veciñanza
O Concello de A Coruña iniciará a obra de ampliación e mellora da seguridade viaria na avenida de Pedro Barrié de la Maza, entre as rúas Modesta Goicouría e Rubine. Os traballos consistirán na ampliación da beirarrúa existente ocupando o carril máis próximo aos edificios e na reordenación da sinalización horizontal para deixar dous carrís por sentido de circulación. O prazo de execución das obras será de dous meses e conta cun orzamento de 33.574,66 euros.
A solución proxectada permitirá a utilización do espazo público en condicións de accesibilidade e seguridade acorde á normativa vixente e mellorará a accesibilidade da cidadanía.
O Goberno local, dentro do seu plan de mellora da mobilidade urbana sostible, leva a cabo varias obras de ampliación do espazo para as e os viandantes. Neste caso, existe un tramo de beirarrúa de ancho variable, pero con estreitamentos nos seus extremos que fan que non cumpra nin sequera cos anchos mínimos de normativa de accesibilidade. Isto débese en parte a que os soportais do edificio existente están elevados sobre a beirarrúa e supoñen unha barreira arquitectónica.
O parapeto existente no acceso ao aparcamento subterráneo substituirase por varanda metálica de aceiro inoxidable similar á xa instalada nos accesos ao lado mar.