O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, asistiu no Quiosco Alfonso á presentación do V Encontro Internacional Acampa pola paz e o dereito a refuxio que nesta edición, que leva por nome «A vida negada», denunciará os dramáticos efectos da pillaxe de recursos en distintas poboacións do mundo. O concelleiro destacou o enorme labor que realiza o equipo da rede Acampa, baixo a coordinación de Xosé Abad, para levantar unha iniciativa que un ano máis lle pon cara á grave situación que viven miles de persoas que foxen do seu países buscando refuxio lonxe dos seus fogares: «Unha iniciativa que conta desde hai anos co apoio do concello da Coruña, que se converte nestes días nun porto refuxio, nun escaparate de distintas realidades que non por afastadas debemos sentir indiferentes», dixo.
26