A Coruña | As Festas de María Pita 2021 ofrecerán máis de 50 actuacións


A alcaldesa, Inés Rey, presentou as Festas de María Pita 2021, que se celebrarán do 30 de xullo até o 22 de agosto e que cualificou de “seguras, responsables, comprometidas co talento local, en feminino e, en definitiva, unhas festas que volverán facer brillar á Coruña no panorama cultural e musical con estes 23 días de espectáculos en diferentes barrios da cidade”.

A rexedora explicou que este ano as festas renden homenaxe á loita de todas as veciñas e veciños da Coruña nun ano tan sumamente difícil. “Hoxe máis que nunca quero celebrar a implicación de todas e todos os coruñeses neste esforzo conxunto que levamos a cabo no último ano e medio. Síntome profundamente orgullosa da cidade á que represento”, sinalou Rey.

A alcaldesa indicou que “a prioridade do Goberno local é aproveitar estes actos para apoiar ao sector cultural como vimos facendo desde esta terrible pandemia que prexudicou tan gravemente ao sector”. Por iso, este ano destaca a presenza masiva de artistas galegos e de agrupacións musicais coruñesas, nos máis de 50 espectáculos programados.