A Coruña | As Noites de María Pita pecharon con cifras récord de asistencia


Carolina Durante pechou o ciclo de concertos gratuítos das Noites de María Pita, con cheos que nalgún caso obrigaron mesmo a restrinxir os accesos á praza, algo que aconteceu moi poucas veces en María Pita. En total, os concertos congregaron a uns 238.500 espectadores.

Luís Fonsi, James Blunt e Texas foron os grandes protagonistas das festas de María Pita, abarrotando a praza de espectadores, no que sen dúbida foi un ciclo de actuacións que impregnaron á cidade, e especialmente ao centro, dun gran ambiente, reflectido na gran afluencia de clientes na hostalaría coruñesa e na alta ocupación hostaleira que se rexistrou nesta primeira quincena de agosto.