A Coruña baixa de nivel por coronavirus e pasa a estar en laranxa

1 minutes read

A Coruña deixou de figurar no nivel máximo de alerta por contaxios de covid-19 acumulados no últimos sete días no mapa de cores do Servizo Galego de Saúde e pasa ao estado 2, que establece unha incidencia de entre 138 e 276 novos casos contabilizados nunha semana.

Antes que A Coruña saíran do nivel vermello Ourense e Santiago de Compostela, para os que, en función da súa poboación, se establecen senllos rangos entre 60 e 120 casos confirmados por PCR, e entre 56 e 112, para permanecer en nivel 2 de alerta.

Así pois, das sete cidades, para as que desde hai unha semana se decretou un peche perimetral e a clausura da hostalería, ademais doutros 58 municipios, só permanecen en nivel vermello de alerta Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol.