A Coruña busca unificar a rede de bibliotecas públicas

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presidiu a Comisión Especial de Bibliotecas, o órgano deseñado para avanzar na reunificación da Rede de Bibliotecas Municipais. Castro explicou que xa se teñen dado pasos cara a ese obxectivo cunha primeira reunión da comisión técnica, que volverá xuntarse nas próximas semanas para facer un diagnóstico preciso do servizo e da súa estrutura e avaliará as distintas opcións para deseñar o seu futuro.

O concelleiro avanzou que é esencial analizar as alternativas viables, análise que terá en conta todos os informes técnicos e xurídicos precisos para concretar un proceso gradual.

A Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña foi pioneira en Galicia e hoxe en día segue a ser unha referencia a nivel nacional. Desde o Concello o obxectivo é potenciar dita rede e mesmo expandila a outros puntos da cidade onde aínda non ten presenza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha