A Coruña celebra a 25 edición de ‘Viñetas desde o Atlántico’ 

1 minutes read

A alcaldesa, Inés Rey, presentou este martes a 25 edición de ‘Viñetas desde o Atlántico’, unha das citas de referencia do cómic do panorama nacional que terá lugar na Coruña entre o 8 e 14 de agosto. Na presentación estiveron presentes José Luis Rey, Presidente da Sociedade Filatélica da Coruña; Francisco Javier Varela Castro, director da Oficina Provincial de Correos na Coruña e Miguelanxo Prado, director de “Viñetas desde o Atlántico”. Nesta 25 edición de ‘Viñetas desde o Atlántico’, A Coruña acollerá a un total de 21 debuxantes convidados para expoñer as súas obras na cidade, achegando o mellor talento da banda deseñada á cidadanía. Entre os nomes dos convidados e convidadas atópanse referentes do manga español como Fidel de Tovar e Dani Bermúdez e novelistas gráficas como as galegas Alicia Jaraba ou Emma Ríos.