A Coruña | Comeza a mellora da accesibilidade no cruce da avenida de Arteixo

1 minutes read

O Concello da Coruña comezou este mércores as obras para mellorar a accesibilidade no cruzamento da avenida de Arteixo coas rúas Ramón Cabanillas e Sagrada Familia.

Neste enclave está prevista a remodelación do paso peonil actual, que pasará a estar en elevación, unha actuación que incluirá a ampliación das zonas de paso, a inclusión de novas zonas verdes e a renovación do mobiliario urbano. Ademais, actuarase sobre as beirarrúas, que se farán máis amplas en ambas as marxes, coa finalidade de gañar en accesibilidade e reforzar a seguridade das persoas con mobilidade reducida.

A adaptación das beirarrúas en termos de mobilidade universal forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey no seu plan para reurbanizar os espazos públicos nos barrios da Coruña. Por iso, nas beirarrúas lindeiras á intersección ampliaranse as zonas de pavimento con baldosa podotáctil, en relevo, co obxectivo de facilitar a orientación das persoas invidentes.

De inicio, este mércores procedeuse á sinalización das zonas de intervención, así como aos primeiros traballos de demolición e picado no pavimento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?