A Coruña | Comezan as obras do ascensor que mellorará a accesibilidade nos Castros

O Concello inicia as obras para instalar o ascensor dos Castros, que mellorará a accesibilidade no barrio ao conectar as rúas Vila de Padrón e Ortigueira coa avenida da Pasaxe. O obxectivo é que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder á zona superior deste espazo público. Esta actuación, que conta cun orzamento de 402.000 euros e un prazo máximo de execución de seis meses, permitirá salvar a elevada pendente que existe na avenida da Concordia. O ascensor, que terá unha capacidade máxima de 12 persoas, desembarcará nunha ampla marquesiña de 18 metros que se utilizará como parada de autobuses urbanos e interurbanos. O novo elevador irá montado sobre un bastidor metálico e disporá dun cerramento de vidro que permitirá a vista panorámica da contorna.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha