A Coruña conmemora o 25 aniversario do Aquarium Finisterrae cun gran lenzo ‘Atlántico’

1 minutes read

A alcaldesa, Inés Rey, presentou este luns o lenzo conmemorativo con motivo do 25 aniversario da apertura do Aquarium Finisterrae. Rey estivo acompañada polo concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo castro; e Manuel Suárez, artista coruñés e autor da obra titulada ‘Atlántico’, sobre a conexión do artista co océano Atlántico. “O Atlántico forma parte da nosa identidade como cidade e deste Aquarium e dende hoxe fica non só no seu exterior, tamén no corazón do museo” sinalou Rey.

A obra é resultado da concesión dunha bolsa de creación artística do Concello da Coruña, impulsadas polo Goberno de Inés Rey logo da pandemia da Covid-19 para a dinamización da cultura e a axuda aos artistas locais. “Grazas a esta bolsa puiden conectar coa miña creación e desenvolver este proxecto artísticos” sinalou Suárez.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?