A Coruña conta cunha nova oficina de emprego no Espazo Amizar

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron as novas instalacións.

Esta nova oficina de emprego no Espazo Amizar substitúe á emprazada ata o de agora na rúa Orillamar. O novo espazo permitirá atender aos veciños e veciñas dos barrios de Monte Alto, a Cidade Vella e o Ensanche. Conta con case 700 metros cadrados, 200 metros máis que a oficina de Orillamar, polo que, o novo espazo mellora a súa capacidade e a calidade de atención.
Un total de 15 traballadores do Servizo Público de Emprego de Galicia e nove do estatal atenderán aos demandantes de emprego, proporcionándolles os servizos que precisen para o desenvolvemento da súa traxectoria persoal.