Deste xeito avánzase no compromiso autonómico de poñer á disposición dos veciños da cidade arredor de 1.100 vivendas protexidas.
Logo da sinatura da escritura de compra-venda da parcela, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou que todas as vivendas contarán con 2 baños, unha praza de garaxe e un rocho, e no que respecta á distribución interna, haberá fogares con 2, 3 ou 4 dormitorios.
Deste xeito, construirá un edificio con 5 portais con 5 andares de vivendas; planta baixa destinada a locais comerciais; semisoto destinado a rochos, e dúas plantas de soto destinadas a prazas de garaxe. A promoción contará tamén con 66 prazas de garaxe non vinculadas e 2 cuartos de bicicletas.
A cooperativa adxudicataria desta parcela tamén está a construír outras 90 vivendas noutro espazo deste barrio coruñés, co que xa ten en marcha ou en proxecto 180 VPA.