A Coruña convértese no escenario da XXI Regata “Infanta Elena”

0 minutes read

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou xunto ao presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o Comodoro do Real Club Náutico de La Coruña, Jorge Echeverría, e o xerente de Responsabilidade Social de Gadisa, Antonio Cortés, a XXI Regata «Infanta Elena», clasificatoria para o Campionato de España de Cruceiros. Esta competición, organizada polo Real Club Náutico de La Coruña, é valedoira para o Trofeo Presidente da Xunta, xunto coas que se organizan en Sanxenxo e Baiona, é unha das máis importantes no calendario coruñés, onde en edicións anteriores participaron os mellores cruceiros españois.