‘A Coruña, cultura de vivir’, nova imaxe turística da cidade

1 minutes read

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou a nova imaxe turística da cidade para o ano 2024 baixo o lema “A Coruña, cultura de vivir”, que reivindica o carácter coruñés como principal reclamo turístico. O evento, celebrado no centro cultural madrileño La Casa Encencida, contou co presentador Rodrigo Vázquez como conductor do acto xunto coa poeta Yolanda Castaño, o humorista David Amor, o xornalista Nacho Carretero e o músico Xoel López.

A alcaldesa explicou que A Coruña conta con todo o que un visitante busca nun destino. “Nosotros tenemos algo que es más complicado encontrar: un espíritu de ciudad, un carácter único que marca la diferencia, nuestra cultura de vivir”, engadiu. Nesa liña, o novo spot publicitario da Coruña recorre a personalidades coruñesas recoñecidas a nivel nacional para explicar en primeira persoa o carácter da Coruña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?