A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou este mércores a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Pontevedra.
Segundo un comunicado da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), durante o día de hoxe as provincias de A Corua e Pontevedra estarán en alerta laranxa por causa dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro que poderá provocar ondas de catro a seis metros, por mar combinado do oeste-noroeste.
Desde a Axencia Galega de Emerxencias 112 Galicia, recomendan manterse lonxe das praias, diques e dos paseos marítimos e non pararse a sacar fotografías en zonas onde o mar e o vento poden ser perigosos.