A Coruña e Sevilla asinan un acordo para impulsar as cidades do futuro

1 minutes read

Os Concellos da Coruña e Sevilla asinaron un convenio para impulsar o desenvolvemento de ámbalas dúas cidades e acadar con éxito a construción de urbes de futuro, que respondan as demandas actuais da cidadanía. En concreto, o acordo contempla a posta en marcha de proxectos en común nos ámbitos do medio ambiente, políticas de vivenda social, cultura, educación, turismo e dinamización das pemes.

O acordo foi asinado pola rexedora da Coruña, Inés Rey, e o alcalde da capital hispalense, Juan Espadas, nun acto que tivo lugar no consistorio sevillano. Con este convenio, dixo, pretendemos pór en marcha novas iniciativas que sirvan para mellorar a calidade de vida da cidadanía e deseñar as cidades despois da pandemia.