A Coruña, escenario do XXVI Campionato de España de golf de categoría infantil


A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou en María Pita o XXVI Campionato de España de federacións autonómicas infantís “IX Memorial Blanca Mayor”, que se realiza desde o domingo10 até o día 12 nos campos do Real Club Golf da Coruña. A proba regresa dous anos despois da última entrega con 119 novas e novos golfistas que volven a gozar dunha competición de máximo nivel por equipos.