A Coruña | Gratis o aparcadoiro do Materno, as cámaras non multarán e tampouco se cobra a Ora

Cedida.

O Goberno local de A Coruña anuncia que debido á situación de estado de alarma declarada polo Goberno do Estado indicaráselle á empresa concesionaria do aparcadoiro do materno oncolóxico que habilite o servizo de balde para o persoal sanitario e usuarios do centro. Esta decisión enmárcase nun contexto de medidas que o concello está a tomar para garantir os servizos esenciais e facilitar o traballo dos profesionais do ámbito da saúde.

Por outra banda, o Executivo local tamén comunica que desde este luns se desactivan as videocámaras que sancionan ás persoas condutoras que estacionen os seus vehículos en dobre fila. Deste xeito, as persoas propietarias de vehículos que teñan unha necesidade de carácter urxente (deixar a unha persoa maior, recoller a unha persoa enferma…) poderán estacionar o seu vehículo en dobre fila durante un período de tempo curto, para realizar esta actividade. Esta medida súmase á xa anunciada da suspensión da zona ORA na cidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha