A Coruña | Habilitarase un terceiro carril na glorieta do Pavo Real 


O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, acometerá nos vindeiros días traballos de mellora da glorieta do Pavo Real, na intersección entre a rolda de Outeiro, Manuel Murguía e a avenida do Real Club Deportivo. Os traballos consistirán na habilitación dun terceiro carril na entrada á rotonda desde a avenida do Real Club Deportivo e a adecuación do interior da glorieta a este cambio.

O obxectivo que busca con esta actuación o Goberno de Inés Rey é mellorar a fluidez do tráfico na contorna e minimizar as posibles retencións que se forman en horas puntuais. A principal intervención consistirá na habilitación do espazo situado á esquerda da avenida do Real Club Deportivo, en sentido á glorieta do Pavo Real, que na actualidade está cerrado ao tráfico. Deste xeito, manteríanse os tres carrís cos que conta a Terceira Rolda na meirande parte do seu percorrido.