A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, xunto ao director do programa Cada Lata Cuenta en España, Pablo García, presentaron no Local de Ensaio do Coliséum o programa europeo de sensibilización ambiental «O metal nunca morre», unha iniciativa que promove a reciclaxe de latas de bebidas nos Locais de Ensaio municipais. O obxectivo, sinalou Fontán, «é implicar a toda a cidadanía para acadar unha taxa do 100% da reciclaxe destas latas que, ao estaren compostas de metal, poden reciclarse infinitamente sen perder calidade.» A proposta diríxese á cidadanía en xeral, pero especificamente chegará a máis de 20 salas de ensaio e estudos de gravación da cidade que contarán con materiais que favorezan a reciclaxe destes envases e con material educativo que lembre a importancia da reciclaxe. Trátase, tal e como apuntou a edil de «concienciar sobre a importancia de reciclar dándolles unha nova vida a estes envases, un xesto que contribúe a promover a economía circular e a frear o cambio climático, reducindo emisións de CO2», explicou.
31