A Coruña impulsa a reciclaxe nas praias coa campaña “Circula a túa lata”

1 minutes read

O Concello e Cada Lata Conta lanzan por segundo ano consecutivo a campaña medioambiental «Circula a túa lata» para promover a reciclaxe de latas de bebidas nas praias galegas. Tras o éxito da campaña de reciclaxe do verán de 2020 e o compromiso amosado polo Concello da Coruña co medio ambiente, «Circula a túa lata» volve ás praias da Coruña, nas que varios equipos de educadores medioambientais percorrerán as praias con mochilas recolectoras de latas co fin de reciclalas e darlles unha nova vida.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, destacou este tipo de accións que o Goberno local de Inés Rey apoiará sempre porque «se necesita concienciar a veciñanza da reciclaxe de todo o material que nos rodea». No caso destes envases, a edila sinalou que se aproveita un 85%, «oito de cada dez latas estanse reciclando», pero cómpre recordar que hainas que despositar no contedor destinado ao inorgánico ao seren separadas na planta de Nostián: «Isto evita un consumo do 70% de auga e do 95% de enerxía e elimina a pegada de carbono. Toda a lata é reciclable».

A iniciativa ten como obxectivo facilitar ás persoas a reciclaxe nas praias, apoiando ao Concello na súa xestión de residuos promovendo que as e os bañistas reciclen as súas latas de bebidas e o contedor amarelo, tamén na praia. A campaña arrincou o 16 en xullo e percorrerá até o 15 de agosto as praias do Orzán, Matadoiro, As Lapas, Durmideiras e Santo Amaro.