A Coruña instalará cen papeleiras cos deseños do alumnado do CEIP Fernández Latorre

1 minutes read

A alcaldesa, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, e mais o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, acudiron ao CEIP Fernández Latorre para felicitar as alumnas e alumnos de terceiro de Primaria pola súa proposta de decoraren os contedores da cidade con debuxos atraentes que finalmente ornamentarán un total de cen papeleiras situadas nos parques infantís. A alcaldesa sinalou que lles trouxeron os vinilos para que vexan como van quedar e que co proxecto demostraron estaren concienciadas/os co medio ambiente e en faceren unha cidade máis limpa. Alcaldesa e edís entregáronlles ás pequenas e pequenos material escolar reciclado para que sigan creando e acheguen ideas co fin de mellorar a nosa contorna.