A Coruña, Lalín, Silleda e Vilaboa abandonaron as restricións

Terraza dun bar

Seis zonas acoutadas por rúas mantiñan as restricións na Coruña, Os Mallos, Vioño, Agra do Orzán, Ventorrillo, Sagrada Familia e a Estación que desde a pasada noite volven adoptar as mesmas medidas que o resto das cidades e de Galicia. Na hostalaría tamén volve o consumo en barra. Logo de semanas de protestas o ocio nocturno da Coruña tamén recibe unha boa nova. O concello permitirá aos pubs abrir nas mesmas condicións que os bares con horario de 10 da mañá á unha da madrugada tal e como pedía o sector.