A Coruña lanza unha campaña para informar do límite a 30 km/h na cidade

Campaña 30 km A Coruña_Concello

  • Con esta medida, o Goberno local pretende incrementar o protagonismo dos peóns e reducir o número de accidentes de gravidade

O Concello acaba de lanzar unha campaña informativa para comunicarlle á veciñanza de A Coruña a posta en marcha da declaración de «Cidade 30», o que implica que a limitación xeral de velocidade en todas as vías urbanas da cidade, a excepción dalgunhas rúas, será de 30 quilómetros por hora.

O eixe das vías Sánchez Bregua-Juana de Vega-Rexedor Somoza- túnel da praza de Pontevedra manteñen a súa velocidade máxima en 50 km/h. As rúas Ramón y Cajal, Fernández Latorre e a avenida de Pérez Ardá até a rolda de Outeiro tamén seguirán coa mesma limitación. Pola súa banda, a rúa Juan Flórez conserva a velocidade máxima de 50 km/h, agás no carril dereito, cuxa velocidade máxima permitida é xa de 30 km/h.

Con esta medida, o Goberno local pretende incrementar o protagonismo dos peóns, reducir o número de accidentes de gravidade, limitar os danos ao medio (xa que unha velocidade inferior significa menos emisións de CO2) e gañar espazos públicos de maior calidade urbana.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha