A Coruña lembra a figura de Urbano Lugrís


Admiradores do artista Urbano Lugrís lembraron este domingo a súa figura e a obra que nos legou nos espazos da Coruña próximos ao Obelisco. Os elementos máis característicos do universo creativo de Lugrís volveron deste xeito ás rúas da cidade que o viu nacer. O colectivo In Nave Civitas rende tributo de admiración á figura do pintor que asinaba cunha áncora percorrendo os espazos da súa cidade natal que deixaron nel maior pegada. Este ano, desafiando a chuvia.