A Coruña | Máis de 6.300 persoas xa desfrutan dos bonos desconto do Presco

1 minutes read
  • Esta campaña para reactivar a economía local xa conta con 1.485 comerciantes adheridos

A campaña de incentivos ao comercio, á hostalaría e á cultura que o Concello da Coruña puxo en marcha o pasado 5 de agosto dentro do Plan de reactivación económica e social da cidade leva 1.485 descargas da APP Comerciantes. Polo de agora, hai un total de 6.315 persoas que xa se descargaron bonos desconto.

Trátase dunha campaña que mobiliza 1.670.000 euros e que chegan de forma directa ao comercio de proximidade, á hostalaría e á industria cultural da cidade, mediante a posta en marcha de bonos desconto: Bono 10 para comercio de proximidade por compras iguais ou superiores a 30 euros, Bono 5 para hostalaría por compras superiores a 20 euros e Bono Cultura co que se poderá acceder a descontos do 40% en produtos culturais a partir dun gasto de 10 euros sen I.V.E. para fortalecer o consumo e a industria cultural.

Ata o momento, o 68% dos establecementos rexistrados son comercios, o 21% negocios de hostalaría e o 11% corresponde ao sector cultural.