A Coruña pon en marcha as rúas “Zona 10” con prioridade peonil


A iniciativa “Zona 10”, que se inclúe no proceso de desescalada municipal, ten como obxectivo ampliar os espazos peonís para facilitar que os paseos da veciñanza e a práctica da actividade física permitida para a poboación entre 14 e 70 anos se realicen coa distancia de seguridade esixida. O concello instalou carteis informativos en todos os barrios da cidade para que a veciñanza recoñeza as rúas consideradas como “Zona 10”. As pantallas de tráfico tamén informan desta nova medida municipal de mobilidade.

Desde o concello recoméndase evitar circular por este tipo de rúas nas franxas horarias especificadas, salvo que sexa necesario por traballo ou residencia habitual. En todo caso, os vehículos non deberán exceder a velocidade máxima de 10 km/h e deberán respectar a prioridade peonil. É aconsellable, na medida do posible, se despracen no sentido da marcha. Ademais, o concello anuncia que o tramo do Paseo Marítimo que vai desde a rotonda da travesía dos Rosales coa avenida Gerardo Porto até o Portiño será peonil todos os días da semana e, polo tanto, estará cortada ao tráfico rodado.