A Coruña pon en marcha unha oficina virtual de graffitis pioneira en España

1 minutes read

A veciñanza pode dar conta de pintadas ilegais na cidade enviando unha mensaxe a oficinavirtualgraffiti@coruna.gal. A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, sinalou que unha das prioridades da alcaldesa Inés Rey desde a súa chegada a María Pita é a limpeza da cidade. Fontán anunciou que o consistorio estuda a creación de novos espazos para que as e os graffiteiros realicen este tipo de manifestacións artísticas, “de xeito coidado e legal”. A edil lembrou que as sancións para as e os autores das pintadas vandálicas comezan en 750 euros e ascenden até os 2.000 euros en caso de ser reincidentes e que até o momento a Policía Local ten identificados case unha vintena de graffiteiros/as ilegais.