A Coruña prepárase para o San Xoán cun dispositivo de seguridade de 400 persoas

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este martes o dispositivo de seguridade e as normas que rexerán as celebracións do San Xoán 2022. O Concello publicará estes días o bando municipal onde se recollen todos os puntos que ten que cumprir a cidadanía durante esta data tan sinalada, declarada como Festa de Interese Turístico Internacional. O día 23 de xuño estarán permitidas, sen necesidade de comunicación previa a Seguridade Cidadá, as sardiñadas e churrascadas, sempre e cando non ocupen a calzada nin entorpezan a circulación de vehículos. Deberanse realizar entre as 13.00 e as 16.00 horas, e entre as 20.00 e as 00.00 horas. O Concello contará con 120 toneladas de madeira para repartir entre a cidadanía na contorna do Paseo Marítimo, Oza e San Amaro. O seu reparto comezará ás 19.00 e estará permitido baixala á praia a partir das 19.30 horas do 23 de xuño. A alcaldesa pediu que as persoas que realicen fogueiras nos areais non empreguen madeira propia e acudan a estes puntos de reparto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha