A Coruña promove o uso do Estadio de Riazor como sede de grandes eventos musicais


  • A cidade acollerá 16 grandes concertos e a celebración de oito festivais durante o ano 2022.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou en FITUR as capacidades e infraestruturas da cidade da Coruña para acoller grandes eventos musicais, amosando o Estadio de Riazor como un gran recinto que pode reunir a máis de 30.000 espectadores. Inés Rey destacou a vocación da cidade de se afianzar no circuíto de grandes concertos internacionais e confirmou a presenza neste ano na Coruña de artistas como Van Morrison, Il Divo, Camilo ou Alejandro Fernández. A alcaldesa, que presentou o avance da programación cultural e turística da cidade para 2022, subliñou que A Coruña ten confirmados neste momento máis de 60 eventos que poñen de manifesto o pulso da cidade para atraer e consolidar citas culturais, artísticas e sociais de referencia.