A Coruña quence motores para unha cita histórica co Morriña Fest


Cóntanse as horas para que dea o pistoletazo de saída o festival Morriña Fest no coruñés estadio de Riazor. Unha cita, venres 15 e sábado 16, que promete aterrar no territorio festivaleiro pola porta grande con actuacións de primeiro nivel nacional e internacional para todos os gustos.

O cartel, xa coñecido dende hai varias semanas, inclúe entre as súas atraccións referencias mundiais e nacionais do indie como Crystal Fighters, Franz Ferdinand, Viva Suecia ou Xoel López, artistas globais do pop e o estilo urbano como Black Eyed Peas, Maluma, Duki ou Lost Frequencies, ademáis de grandes nomes do panorama nacional como é o caso de Lola Índigo ou Vega. 

Horarios e venda de entradas

Este luns déronse a coñecer os horarios das actuacións. O venres comezará Vega a partir das 17:30 para dar paso a Funzo & Baby Loud, Viva Suecia, Lola Índigo, e xa ás 23:15 o prato forte con Maluma para pechar a festa con Crystal Fighters. Pola súa parte o sábado iniciará a tarde Belén Aguilera ás 16:40, que dará paso a Lost Frequencies, Xoel López, Duki e Ozuna. Black Eyed Peas coroaranse ás 23:15 e o broche será para os británicos Franz Ferdinand.

Aínda quedan entradas de día e abonos para todo o festival, dispoñibles para a súa compra na web morrinafestival.com