A cascada do Pazo da Ópera volve funcionar despois de permanecer parada durante anos polos desprendementos do noiro rochoso situado ao seu carón. A alcaldesa, Inés Rey, visitou a zona onde destacou que o Goberno local pon en valor un dos símbolos da cidade tras anos de parálise: “unha actuación moi demandada pola veciñanza, unha cascada que volve a cobrar vida despois dun traballo moi intenso por parte do equipo técnico”. Rey sinalou que o proxecto de consolidación do noiro de Santa Margarida, que tivo un custo de 516.000 euros, permite garantir a seguridade e estabilidade do noiro rochoso, recuperar a fervenza e a fonte do Pazo da Ópera, e percorrido peonil baixo o mural de Leopoldo Novoa que conecta cos Mallos, así como habilitar 23 prazas de aparcamento novas. O noiro rochoso permanecerá cuberto por unha malla de protección para garantir a súa consolidación e unha maior seguridade.
21